Saturday 04 de May de 2024

Inés Rey: “A liña 11 do bus urbano volve ao seu percorrido habitual”


A alcaldesa da cidade anuncia que nos vindeiros días o Concello recuperará a parada da avenida dos Mallos tras o remate das obras de saneamento na zona

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, anuncia que “a liña 11 do bus urbano volverá ao seu percorrido habitual” nos vindeiros días, pasando pola avenida dos Mallos e recuperando dese xeito a parada que había nesa vía tras o remate das obras de saneamento na zona.

A rexedora explicou que o Concello aproveitou o tempo desas obras para realizar “un estudo das frecuencia, do fluxo de persoas viaxeiras e, en definitiva, para analizar tecnicamente a situación da liña 11 e ver que melloras se poden ir realizando co fin de darlle un mellor servizo ás veciñas e veciños”.

Rey apuntou que desde o consistorio sempre se defendeu que se trataba dunha cuestión de carácter temporal e que a parada da avenida dos Mallos vaise manter porque “loxicamente dá un servizo ao barrio”.